
A Copa Deputación da Coruña chega ao seu final despois un verán cheo de vólei praia. Despois das cuatro probas desputadas en Rianxo e Sada, os rankings oficiais amosan as posicións finais acadadas polos nosos deportistas.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer á Deputación da Coruña pola súa colaboración nesta terceira edición, así coma aos Concellos de Sada e Rianxo, sedes destas probas que permitiron aos nosos pequenos deportistas desputar as súas competicións.
A continuación deixamos os resultados finais, acompañados do ranking completo que pode consultar na seguinte ligazón:






