
A Federación Galega de Voleibol, en colaboración ca Escola Galega de Adestradores, suma para o comezo da nova tempada 25/26 un novo curso de adestrador Nivel II, ubicado na cidade de A Coruña.
Seguindo co obxectivo de formar técnicos con futuro e progresión e facilitar o acceso á formación técnica relacionada co voleibol en Galicia, congrégase aos aspirantes a adestradores/as de voleibol de toda Galicia nos próximos días para formarse, titularse convenientemente e participar activamente nesta formación.
- Lugar: A Coruña.
- Datas: 28 setembro, 05/12/18/19/26 Outubro 2025.
- Modalidad: Presencial + online.
- Data límite inscrición: mércores 23 de setembro.
PLAN DE ESTUDOS
Os cursos desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00, contando tamén con parte presencial impartido por docentes expertos en materias do deporte que instruirán aos novos/as adestradores/as do volei galego. A titulación definitiva outorgarase despois de realizar unha tempada de prácticas adestrando un equipo federado e rexistrado na F.G.V.B
O prezo do curso será de 250 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) e recordamos que será obligatorio o envío dos formularios G-13 e o xustificante de pago a dtecnico@volei.gal antes do 23 de setembro ás 12:00 horas.




