
Un ano máis, a Federación Galega de Voleibol ten o pracer de anunciar que o Campamento #Voleigalego celebrará este ano a súa cuarta edición, novamente na localidade de Quiroga durante este verán de 2026.
Con esta convivencia, os deportistas e interesados no noso deporte terán unha nova oportunidade para vivir unha experiencia inolvidable, mellorando as súas habilidades deportivas mentres desfrutan da beleza natural da rexión de Quiroga e fan amizade con outros asistentes.
O campamento está aberto a xogadores e xogadoras de todos os niveis de experiencia, con adestramentos específicos para mellorar as habilidades técnicas, tácticas, físicas e sociais. Ademais, haberá competicións internas e actividades de lecer como sendeirismo e deportes acuáticos nas instalacións do Concello de Quiroga e o albergue municipal.
Quendas 2026
As prazas están organizadas en tres quendas (entrada a partir das 18:00 e saída antes das 12:00):
- 1ª quenda: do 19 ao 26 de xullo.
- 2ª quenda: do 26 de xullo ao 2 de agosto.
- 3ª quenda: do 2 ao 9 de agosto.
Tarifas e Inscrición
As prazas son limitadas e asignaranse por estrito orde de inscrición.
| Concepto | Prezo por Quenda | Total |
| Prezo Base (1 quenda) | 560 € | 560 € |
| Dúas quendas | 510 € / quenda | 1.020 € |
| Irmáns (de 2º en adiante) | 510 € / quenda | – |
| Antigos alumnos (matrícula 2025) | 530 € | 530 € |
| Antigos alumnos (2 quendas) | 500 € / quenda | 1.000 € |
Datos de pagamento: > Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440 (Banco Sabadell).
As inscricións están abertas ata o 30 de xuño. Para formalizar a praza, debe cubrirse o formulario de rexistro e enviar o comprobante de pago ao correo dtecnico@volei.gal, onde tamén se atenderá calquera dúbida.
Cubrir a inscripción para o campamento Voleigalego





