Despois do parón debido á crise sanitaria, a competición galega volverase a desputar neste 2021 iniciando a competición de pista da tempada 21/22 os próximos días 25 e 26 de setembro en San Sadurniño.
Nun ano no que o Volei Galego terá ata 5 representantes nas máximas categorías do voleibol nacional, a competición preséntase como unha cita moi atractiva para todos/as os/as amantes do deporte en xeral, ao asegurar unha fin de semana co mellor voleibol autonómico e no que se loitará polo primeiro título da tempada entre os 4 mellores clasificados masculinos e femininos da 20/21.
A competición comezará ca quenda feminina o sábado 25, co Arenal Emevé (Liga Iberdrola), Autos Cancela Zalaeta (Superliga 2), CV Ourense Aceites Abril (1ª Nacional) e CV Bruxas (1ª Nacional) loitando polo título en catro partidos programados e nos que as coruñesas defenderán o título conseguido en 2020 en Santiago de Compostela ao vencer na final.
No apartado masculino o Rotogal Boiro (Superliga), Arenal Emevé (Superliga) , Aldebarán San Sadurniño (Superliga) e Dumbría Voleibol (Superliga 2) pecharán con outro gran espectáculo deportivo o evento, cas semifinais programadas para a mañán do domingo e os partidos decisivos da tarde. Os lucenses defenderán un título que estará máis caro que nunca, o que asegura emoción na pista.
Os enfrentamentos previstos son os seguintes:
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos agradecer ao Excmo. Concello de San Sadurniño pola súa colaboración no proxecto, así coma ao club local o Aldebarán San Sadurniño, que farán posible a volta dunha competición que se achega ás 40 edicións.