Hoxe tivo lugar na sala de actos do Concello de Narón, a presentación oficial da proba do Campionato Galego Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín que se celebrará este sábado día 22 en Narón.
Os pavillóns de Campo da Serra e a Solaina acollerán dende as 09:30 ata as 19:00 horas esta primeira proba das catro que se celebrarán por toda Galicia. Contando con case 240 participantes entre as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín que estarán repartidos en 50 equipos de pequenos deportistas,
Na presentación, á que asistiu a Alcaldesa e Presidenta do Patronato de Deportes, Marián Ferreiro, o Concelleiro de Deportes, José Oreona; o Presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna; e a Presidenta do Club Narón-Volea Eva Romero.
A Presidente da FGVB agradeceu ao Concello de Narón a súa colaboración nesta proba, así coma aos integrantes do Club Narón-volea Voleibol polo seu traballo para facer posible este gran evento deportivo que reunirá aos máis pequenos do noso voleibol durante un día de competición e que abrirá a tempada 21/22 para a categoría Benxamín e Prebenxamín.
Pola súa parte a Alcaldesa e o Edil de Narón desexaron a mellor das sortes aos participantes e agradeceron tamén a confianza da Federación Galega para celebrar unha vez máis unha das súas probas no seu concello.