![1-1](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/02/1-1-420x280_c.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/02/1-1.png)
As categorías infantil e cadete masculina e feminina realizarán unha estancia no Concello de A Estrada dende os días 28 de febreiro ata o 1 de marzo, na que adestrarán no Pavillón Manuel Coto Ferreiro ás ordes dos seleccionadores que acompañarán aos nosos xogadores/as no vindeiro xullo ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2022.
Os grupos se dividirán, tendo xogadores que realizarán estancias de 1 ou 2 días según as convocatorias, e o aloxamento dos xogadores e xogadoras será na Academia Galega de Seguridade grazas á colaboración do Concello de A Estrada, que acolle de novo á Federación Galega de Voleibol e aos seus deportistas.
A concentración infantil ten prevista a súa chegada o luns 28 de febreiro as 10:00 ata o martes 1 ás 17:30, sendo no caso dos cadetes a chegada ás 12:00 do luns con saída o martes ás 19:30 horas. Recordamos que os xogadores e xogadoras convocados deberán levar roupa para 4 adestramentos, ademáis de documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e útiles de aseo persoal para tódolos días.
A continuación faise público o listado de deportistas por clubs para esta primeira concentración:
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/02/4.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/02/5.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/02/2.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/02/3-1.png)