A derradeira Xornada de Supervisión e Control da tempada 21/22 celebrarase o vindeiro domingo 20 de marzo con sede en Noia e Pontevedra.
As xogadoras do Volei Galego terán dobre sesión de mañá e tarde o 20 de marzo supervisadas polos técnicos da Federación Galega de Voleibol no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia e contará cos seguintes horarios, tendo parón para comer incluído na inscrición:
- Cadete feminino: 9:30-11:30/ 14:30-16:15.
- Infantil femenino: 11:30-13:30/ 16:15-18:00.
As categorías cadete e infantil masculina seguirán as mesmas indicacións, pero neste caso no Pavillón Multiusos 2 de Pontevedra e cos mesmos horarios:
- Cadete masculino: 10:00-12:00/ 16:00-18:00.
- Infantil masculino: 12:00-14:00/ 18:00-20:00.
Para a inscripción nestas xornadas deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 20€ no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A. Para formalizar esta inscrición deberase enviar o xustificante de pago e o formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 17 as 12:00 horas.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Supervisión e Control