Un ano máis o Circuito Vichy Catalan Volei Galego volve ás praias da nosa Comunidade Autónoma. En colaboración ca marca de auga embotellada Vichy Catalan, as praias de Baltar, Samil e Riazor acollerán aos mellores xogadores do Vólei Praia galego neste circuito que volveu depois da pandemia para afianzarse nos veráns do noso voleibol.
Este Circuito Vichy Catalan Volei Galego está composto por dúas probas do Verán Deportivo ademáis do Campionato Galego de Vólei Praia de A Coruña, que se desputarán ao longo do mes de xullo de 2022 e na que os xogadores recibirán camisetas personalizadas do circuito, ademáis de bebidas cortesía da marca colaboradora.
As datas das probas serán:
- 1ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Verán Deportivo Sanxenxo (9 e 10 de xullo).
- 2ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Verán Deportivo Vigo Arena (16 e 17 de xullo).
- 3ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Campionato Galego Senior A Coruña (30 e 31 de xullo).
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a Vichy Catalan o seu compromiso co Vólei Praia Galego, apoiando o noso deporte un ano máis e facendo que os nosos/as deportistas poidan realizar o que máis lles gusta en entornos privilexiados como a costa galega.