A Federación Galega de Voleibol lamenta comunicar o aprazamento da proba prevista para esta fin de semana do 6 e 7 de agosto na praia de Canido, Malpica.
Despois de consultar as diferentes previsións do vento ( con refachos de ata 60 km/h o sábado e 45 km/h o domingo) a FGVB non pode comprometer a seguridade dos participantes nin garantir o correcto desenvolvemento a nivel deportivo da mesma.
O Circuíto Galego de Vólei Praia de Categorías Inferiores adaptaría deste xeito as dúas probas aprazadas para a fin de semana do 20/21 de agosto en Boiro e do 27/28 en Malpica, desputando así as catro inicialmente axendadas.
Sentimos os inconvintes ocasionados a clubs, xogadores/as, adestradores/as e pais que tiñan previsto acudir a esta data e rogamos comprensión no tocante a garantir a seguridade e viabilidade deportiva das nosas probas.
Adxuntamos informe técnico do departamento de competicións da FGVB.