A derradeira proba do Circuito Galego de Inverno de Vólei Praia será para a categoría cadete o vindeiro sábado día 27 de maio en Ourense.
Fixando a competición feminina e masculina nun único día, este evento pechará a temporada de inverno e dará paso á de verán no noso deporte en Galicia, permitindo que os nosos deportistas poidan seguir puntuando para saber quenes serán os representantes da nosa comunidade nos Campionatos de España.
Agradecemos de novo o esforzo do Club Ourense Vólei Praia que, contando de novo ca colaboración do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, brindaron un total de 10 probas en total para que os deportistas do vólei praia galego puidesen practicar a modalidade durante todo o ano.
Recordamos que esta competición é puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, e para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal antes do martes 23 ás 20:00 horas, publicando os horarios provisionais mércores 24 e os definitivos xoves 25. Recordamos que a tramitación de licenzas para esta proba será ata o luns 22.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA