
A Federación Galega de Voleibol segue perfilando o camiño de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026. O vindeiro domingo 24 de maio, os combinados autonómicos da categoría Infantil (tanto feminina como masculina) concentraranse para afrontar unha intensa xornada de adestramento enfocada na cohesión do grupo e na evolución técnica.
Nesta ocasión, toda a actividade organizarase nunha única sede, o Pavillón Municipal de San Sadurniño, onde os xogadores e xogadoras convocados traballarán sobre a pista nun horario unificado de 16:00 a 19:00 horas.
Esta cita representa un paso estratéxico dentro do calendario da FGVB, resultando fundamental para avaliar o rendemento dos deportistas e avanzar cara á formación definitiva dos equipos que representarán a Galicia na vindeira cita nacional.
A continuación, o calendario actualizado das xornadas:
- 23-11-25 – Celebrada
- 14-12-25 – Celebrada
- 18-01-26 – Celebrada
- 25-01-26 – Celebrada
- 22-03-26 – Celebrada
- 10-05-26 – Celebrada
- 17-05-26 – Monforte, Rianxo e San Sadurniño.
- 24-05-26 – Concentración infantil – San Sadurniño
- 31-05-26 – Concentración cadete
A FGVB agradece a colaboración dos clubs, concellos e familias neste proceso, esencial para o crecemento do #voleigalego e o fortalecemento do noso deporte de base.
A continuación, as listas de xogadores/as seleccionados por categoría:






