
Esta fin de semana do 11 e 12 de xullo terá lugar o Campionato Galego Senior de Volei Praia 2026, comezo do proxecto A Coruña é Vólei Praia 2026, e que continuará ca celebración da proba Torneo Cidade da Coruña 1* do Circuito Nacional de Vóley Playa.
A competición será nas categorías senior masculina e feminina, e disputaranse ambas ao longo de sábado e domingo na Praia de Riazor e quedando as semifinais e finais fixadas para o domingo pola mañán. A proba contará cunha inscripción de 30€ por parella, sendo o 100% das inscricións para premios quedando da seguinte forma o reparto:
- 1° Clasificado – 40% do total das inscricións.
- 2° Clasificado -30% do total das inscricións.
- 3° Clasificado -20% do total das inscricións.
- 4° Clasificado -10% do total das inscricións.
Recordamos que a inscrición deberá formalizarse a través de Isquad no caso de xogadores galegos, e sendo a través do formulario de contacto para os procedentes de outras Comunidades Autónomas. O plazo límite será antes deste luns 6 ás 20:00 horas, adxuntando o xustificante do pago de 30€ (número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A.) A admisión fíxase para ás 12 parellas masculinas e 12 femininas que posexan o mellor seeding, pasando o resto de parellas a reserva.




