Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
E-mail: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE Próximamente
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
    • PROCESO ELECTORAL
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓNPróximamente
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMATIVA
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • PROTOCOLOS COVID
    • FORMULARIOS
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
    • CLUBSPróximamente
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Inicio
  • 2022
  • noviembre
octubre 2, 2023

Month: noviembre 2022

Xornada de Desenrolo e Formación en Marín

martes, 29 noviembre 2022 por Comunicacion

Marín acollerá a primeira das Xornadas de tecnificación adicadas aos nosos/as benxamíns e alevíns o vindeiro día 6 de decembro. Esta xornada, inicialmente calendada para o día 11, terá lugar no pavillón do Colexio San Narciso de Marín, xuntando a todas as cateogorías nun mesmo grupo que adestrarán en quenda de mañán e tarde.

Os horarios son os seguintes:

6 de decembro – categoría benxamín e alevín (masculina e feminina):

  • 11:00 a 13:00 / 15:30 a 17:30

Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 25 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día 2 de decembro ás 12:00 horas .

Recordamos que este ano a Federación proporcionará unha camiseta exclusiva ca inscrición, ademáis da comida xa incluída, que os inscritos deberán usar na concentración, indicando previamente a talla no formulario.

Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas

Leer más
  • Publicado en Desenrolo e formación, Supervisión e control
No Comments

Novas Xornadas de Supervisión e Control da FGVB

lunes, 28 noviembre 2022 por Comunicacion

O Pavillón Alonso Rodríguez de Noia acolle as segundas Xornadas de Supervisión e Control da Federación Galega de Voleibol nesta temporada 22/23.

Nos días 6 de decembro (categoría masculina) e o 8 de decembro (categoría feminina) os nosos xogadores e xogadoras do Volei Galego desfrutarán unha vez máis da posibilidade de compartir coñecementos entre eles, guiados polos técnico especializados da FGVB.

Os horarios son os seguintes:

6 de decembro – categoría masculina:

  • Infantil: 10:00-12:00/16:00-18:00
  • Cadete: 12:00-14:00/18:00-20:00

8 de decembro – categoría feminina:

  • Infantil: 10:00-12:00/14:00-16:00
  • Cadete: 12:00-14:00/18:00-20:00

Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 25 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día 2 de decembro ás 12:00 horas .

Recordamos que este ano a Federación proporcionará unha camiseta exclusiva ca inscrición, ademáis da comida xa incluída, que os inscritos deberán usar na concentración, indicando previamente a talla no formulario.

Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas

Leer más
  • Publicado en Supervisión e control
No Comments

Publicados os/as beneficiarios/as das Becas Cesa 2023 Volei Galego de voleibol pista

jueves, 24 noviembre 2022 por Comunicacion

Continuando a exitosa iniciativa na que 6 adestradores e adestradoras do Volei Galego acompañaron ás Seleccións Galegas de Voleibol nos CESA de pista e praia esta pasada edición, a FGVB convocou a unha nova edición das Becas Cesa Volei Galego este mes de novembro para a tempada 22/23.

Trala recepción dun gran número de candidaturas, o Departamento de Dirección Técnica avaliou aos solicitantes en base a un baremo de criterios obxectivos, resultando elixidas as catro candidaturas con maior puntuación, que foron os seguintes técnicos/as, cos que se poñerá en contacto a Escola Galega de Adestradores nos vindeiros días:

–       LIDIA GUDGE        47 puntos
–       PINO CHAO         44 puntos
–       NATALIA MARÍN ANTONIO                40 puntos
–       ALEJANDRO IGLESIAS            40 puntos

Suplente:
–       MARCO SENRA                38 puntos

A Federación Galega de Voleibol quere felicitar aos aspirantes que acadaron a posición, que terán a súa primeira proba nas vindeiras Xornadas de Tecnificación do mes de decembro.

Leer más
  • Publicado en Competicións voleibol, Formación adestradores, Seleccións vólei praia, Seleccións voleibol
No Comments

Segunda proba do Campionato Galego de Inverno de Vólei Praia 

miércoles, 23 noviembre 2022 por Comunicacion

A segunda proba para os nosos Sub 19 de vólei praia nesta temporada 22/23 será o vindeiro día martes 6 de decembro no complexo Deportivo de Oira.

Esta proba, puntuable para os Campionatos de España 2023, continua co Campionato que comezou o pasado día 12 de outubro, permitindo aos nosos deportistas de vólei praia desfrutar de competicións federadas tamén no inverno.

A Federación Galega de Voleibol quere agradecer o compromiso e colaboración unha vez máis do Concello de Ourense, así coma do seu Consello Municipal de Deportes e o Club Ourense Vólei Praia, para poder levar a cabo unha nova proba na provincia.

Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 29 ás 20:00 horas, publicando os horarios definitivos ao longo do venres día 2 de decembro.

  • Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia, Vólei Praia Cat. Inferiores
No Comments

A Coruña, sede da Copa Princesa 2023

martes, 22 noviembre 2022 por Comunicacion
(Fotografía: @julio.voley)

A Real Federación Española de Voleibol confirmou hoxe a través da súa Circular número 24 as sedes de celebración e os organizadores locais da Copa de SM el Rey, Copa de SM la Reina, Copa Príncipe e Copa Princesa.

Unha vez máis, e coma ven a ser habitual nos derradeiros anos, Galicia acollerá de novo un gran evento do voleibol nacional, sendo oficial a celebración en Coruña da Copa Princesa 2023 grazas á exitosa candidatura do Club Voleibol Zalaeta.

A Copa Princesa, que xa se celebrara noutras localidades galegas como Monforte e Lugo, estará de novo o 6, 7 e 8 de xaneiro de 2023 no Pavillón do Barrios de las Flores, onde os mellores equipos da Superliga Femina 2 loitarán polo ansiado trofeo, no que lle desexamos a mellor das sorte ás coruñesas.

Leer más
  • Publicado en Competicións voleibol
No Comments

Chegan as Becas CESA do Volei Galego 2023

jueves, 10 noviembre 2022 por Comunicacion

Despois do éxito, tanto en convocatoria como en resultados, das primeiras Becas do Volei Galego para formar parte do corpo técnico das Seleccións Autonómicas cadete e infantil masculinas e femininas da tempada 21/22, a Federación emprende unha nova edición das mesmas.

A FGVB, a través da Escola Galega de Adestradores e co obxectivo de mellorar o proceso de aprendizaxe e a experiencia en eventos nacionais dos adestradores/as galego/as , oferta 4 becas en pista e 2 en vólei praia para esta nova campaña.

Poderán optar a estas becas os adestradores e adestradoras que nos últimos 5 anos obtiveran o título nivel I ou II, e participarán nas Xornadas de tecnificación da FGVB, así coma nas concentracións previas e no CESA 2023, asumindo a Federación os custes asociados para os becados que inclúe a viaxe, manutención e aloxamento, así coma da entrega dun documento acreditativo da experiencia profesional.

Os solicitantes, que deberán de enviar a súa candidatura a través dun correo a dtecnico@volei.gal xunto ca copia do seu título e a folla de inscrición , deberán cumprir obrigatoriamente os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.
  • Estar en posesión do nivel I ou nivel II de voleibol, obtido do 2018 en adiante (incluído).
  • Disponibilidade para acudir ás concentracións das SSAA programadas e CESA 2022 nas datas anteriormente indicadas.

A data límite para recibir as solicitudes será o vindeiro xoves 17 as 12:00, anunciando os/as seleccionados/as o 24 de novembro.

Leer más
  • Publicado en Formación adestradores, Seleccións vólei praia, Seleccións voleibol
No Comments

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

SUBIR
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR