

Continúan as Finais dos Campionatos Xunta de Galicia de Voleibol 2025, ca celebración das categorías Júnior, Cadete e Sénior, que se celebrararán os días 12, 13 e 26 de abril no Pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada.
Por terceiro ano consecutivo, o volei galego volve ao Concello de A Estrada para determinar aos campións e campioas galegas, nunhas finais organizadas pola Federación Galega de Voleibol en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o Concello da Estrada e GADIS.
Á presentación de hoxe no Concello da Estrada asistiron o Alcalde do Excmo. Concello da Estrada, D. Gonzalo Louzao, e o Secretario da Federación Galega de Voleibol D. Jose Ramón Baña, que falaron da importancia da colaboración entre as dúas entidades para seguir fomentando o deporte a través da celebración destas finais, e que terán un impacto directo na selección dos representantes galegos para o Campionato de España de clubs.
En total disputaranse 8 encontros por día, no que as 4 semifinais celebraranse pola mañá, quedando os terceiros e cuartos postos e as finais para a quenda de tarde.
As datas e horarios as seguintes:
- Sábado 12 Abril – Final CG masculino e feminino júnior.
- Semifinais femininas (10:00) – CV Ciudad de A Coruña vs CV Ourense / Arenal Emevé vs. CV Xuvenil Teis.
- Semifinais masculinas (12:00) – C. Vigo Voleibol vs. Burgas Volei / Boiro Voleibol vs CV Riveira.
- 3º/4º posto feminino (16:00)
- Final feminina (17:00)
- 3º/4º posto masculino (18:00)
- Final masculino (19:00)
- Domingo 13 abril – Final CG masculino e feminino cadete.
- Semifinais femininas (10:00) – CD Korbis vs. AD Liceo / CV. Oleiros vs. Cv. Ciudad de A Coruña.
- Semifinais masculinas (12:00) – Arenal Emevé vs. C. Vigo Voleibol / CD Korbis vs CV Oleiros.
- 3º/4º posto feminino (16:00)
- Final feminina (17:00)
- 3º/4º posto masculino (18:00)
- Final masculino (19:00)
- Sábado 26 de abril – Final CG masculino e feminino sénior.
- Semifinais femininas (10:00) – CV. Bruxas vs. CV. Santiago / CV. Oleiros vs. Cv. Xav Cambados.
- Semifinais masculinas (12:00) – Xabaríns Vólei Lugo vs. Calvo Xiria Volei / CV. Oleiros vs C. Vigo Voleibol
- 3º/4º posto feminino (16:00)
- Final feminina (17:00)
- 3º/4º posto masculino (18:00)
- Final masculino (19:00)
